![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
TIMOR LESTE • 20/08/2002 Nen verdade nen xustiza nos xuízos de Timor Leste.
Nunha declaración conxunta Amnistía Internacional e o Programa de Vixiláncia do Sistema Xudicial expresaron a sua grande decepción ante os primeiros xuízos celebrados en Indonesia sobre os casos de Timor Oriental.As conclusións de ambas organizacións demostran que os xuízos adoleceron de graves defeitos, non se axustaron ás normas internacionais e non houbo en eles verdade nen xustiza. Onte o ex gobernador de Timor Oriental, Abilio Jose Osorio Soares, foi declarado culpabel de crimes contra a humanidade -ao non ter controlado aos seus subordinados- e condenado a tres anos de cadea.O xeral de brigada Timbul Silaen, ex chefe da policia rexional - Rexional Police Commander que se encarregaba da seguranza cando se celebrou o referendo sobre a independéncia en 1999, resultou absuelto.Outros cinco altos cargos do exército, a policia e o goberno acusados de non ter impedido unha matanza en Suai o 6 de setembro de 1999 tamén foron declarados inocentes. Ambas organizacións realizaron un atento seguimento dos xuízos.O Programa de Vixiláncia do Sistema Xudicial, apoiado pola Plataforma Internacional de Xuristas para Timor Oriental, foi a única organización independente que mantivo unha presenza constante de observadores xurídicos internacionais nos xuízos. Amnistía Internacional e o Programa de Vixiláncia consideran que os fiscais indonesios non cumplieron co deber que lles impón o direito internacional de iniciar accións eficaces contra os acusados ao apresentar actas de acusación que non se correspondían coas denúncias sobre a conducta dos acusados, pasar por alto probas pertinentes e apresentar argumentos que omitian o carácter sistemático e xeneralizado dos abusos cometidos en Timor Oriental. Ambas organizacións documentaron unha sucesión de defeitos procesuais e de outra índole que impediron que os xuízos atinxan os obxectivos de facer xustiza e esclarecer a verdade sobre o alcance da implicación dos membros das forzas de seguranza e as autoridades civis indonesias na comisión de crimes contra a humanidade e outros delitos graves en Timor Oriental en 1999.Entre os problemas sinalados por ambas organizacións están:
Continuan as diligencias dos xuízos contra outros 16 detidos, entre eles vários altos oficiais do exército.Tanto Amnistía Internacional como o Programa de Vixiláncia do Sistema Xudicial expresaron o temor de que as actas de acusación ditadas e os procedimentos iniciais destas causas adolezcan dos mesmos defeitos. Ademais dos defeitos procesuais, ambas organizacións expresaron preocupación pola série de decisións adoptadas polas autoridades indonesias que, xa nunha etapa ceda do proceso, socavaron a perspectiva dun proceso xudicial creibel ou eficaz.Entre outros obstáculos estivo a decisión da presidenta Megawati Sukarnoputri de limitar as competéncias do tribunal para que só pudese xulgar uns cantos dos moitos centos de casos de delitos graves cometidos en Timor Oriental en 1999. Se Indonesia pretende cumplir a sua obriga internacional de proporcionar un remédio verosímil polas violacións graves de direitos humanos cometidas en Timor Oriental, debe abordar tanto a debilidade do sistema xudicial indonesio como a resisténcia política para exixir responsabilidades aos autores de violacións de direitos humanos. O proceso celebrado en Indonesia puxo asimismo de manifesto a necesidade de que este país coopere co proceso xudicial que actualmente se celebra en Timor Oriental.Até o momento, o fiscal xeral adjunto de Timor Oriental acusou a 114 persoas de delitos graves, incluídos crimes contra a humanidade.Moitas destas persoas moran en Indonesia, pero até o momento o país negou-se a trasferir a calquera deles a Timor Oriental para que sexan xulgadas polo tribunal especial sobre delitos graves, estabelecido pola ONU, e tampouco non tomou medidas para os entregar aos seus próprios tribunais. En vista dos graves problemas planteados cos xuízos celebrados en Yakarta, Amnistía Internacional e o Programa de Vixiláncia do Sistema Xudicial consideran que é o momento de que a ONU revise a sua decisión de non seguir as recomendacións da sua própria Comisión Internacional de Investigación para Timor Oriental dirixidas a estabelecer un tribunal penal internacional.Os crimes cometidos en Timor Oriental en 1999 foron tan graves que non poden ficar impuns, pero de momento a perspectiva de que Indonesia sexa capaz de cumplir coa sua obriga de propiciar un proceso xudicial verosímil e eficaz é lejana.polo tanto, hai que buscar alternativas viábeis. Información xeral O 30 de agosto de 1999, nun referendo organizado pola ONU, o 78,5 por cento da povoazón de Timor Oriental votou en contra de que continuase a integración deste território en Indonesia, que o ocupaba ilegalmente desde 1975.nos meses anteriores á votación, as milicias proindonesias recorreron amplamente á violencia, as ameazas e a intimidación contra os independentistas.As milicias foran criadas polas forzas de seguranza indonesias e contaban co seu apoio. Tras o anuncio dos resultados do referendo o 4 de setembro de 1999 produciu-se unha drástica escalada da violencia.Calcula-se que as milicias e as forzas de seguranza indonesias cometieron en torno a 2.000 homicídios ilexítimos.Outras persoas sofreron violacións e outras formas de tortura.Mais dun cuarto de millón de persoas fuxiron ou foron expulsadas a Indonesia.Vários mis mais buscaron refúxio nas colinas mentres infra-estruturas e propriedades eran saqueadas e destruídas. Ante as presións da comunidade internacional, Indonesia estabeleceu unha equipa co cometido de realizar unha investigación preliminar sobre os informes de violacións graves de direitos humanos.En xaneiro de 2000, a citada equipa sinalou que se habian cometido crimes contra a humanidade en Timor Oriental e sinalou a 33 indivíduos como presuntos autores, entre os que habia membros do exército e a policia indonesios asi como funcionários públicos e paramilitares indonesios.O fiscal xeral de Indonesia só emprendió accións para a investigación de 5 casos e o procesamento de 18 indivíduos. Asimismo levaron a cabo investigacións a Comisión Internacional de Investigación para Timor Oriental estabelecida pola ONU e unha equipa de peritos da ONU formado polos relatores especiais sobre ejecucións extrajudiciais, sumárias ou arbitrarias, sobre a cuestión da tortura e sobre a violencia contra a muller, as suas causas e consecuencias.As investigacións de ambas instituizóns concluían que se habian cometido violacións xeneralizadas ou sistemáticas de direitos humanos e recomendaban o estabelecemento dun tribunal penal internacional para procesar aos culpabeis. Fonte: Informe de Amnistía Internacional: http://www.a-i.es Para saber máis: Rebelión: http://www.rebelion.org |