CONVOCA:
Sociedade Galega de Uroloxía.
PATROCINA:
Astellas Pharma Inc.
DOTACIÓN:
Unha bolsa de 3.000 €
OBXECTIVO:
Apoiar a formación continuada no ámbito da Sociedade Galega de Uroloxía.
TEMA:
Mellor proxecto de formación de libre temático dentro do ámbito da Uroloxía
TRIBUNAL:
A bolsa será adxudicada por un xurado composto por cinco membros designados pola xunta directiva da Sociedade Galega de Uroloxía, ademais dun representante de Astellas Pharma Inc., que actuará con voz e sen voto.
O fallo da bolsa realizarase durante o mes de Marzo de 2008 e será inapelable.
A entrega da bolsa será durante o Congreso da Sociedade Galega de Uroloxía de 2008
A participación nesta bolsa implica a aceptación das presentes bases
BASES:
Poderán optar os socios que se atopen no período de formación e os especialistas.
Deberán atoparse os participantes ó corrente do pago das cuotas anuais da Sociedade Galega de Uroloxía.
Deberán remitir os seus proxectos por quintuplicado antes do día 29 de Febreiro de 2008 a:
- Secretaría da Sociedade Galega de Uroloxía
- C/ Luis Taboada, 29-1º Izq., 36201 Vigo.
As propostas deberán ser enviadas por correo certificado, mencionando a referencia: "Beca de Formación Continuada en Uroloxía", en forma de plica. Débese incluír un sobre pechado cos datos persoais do autor, o cal abrirase unha vez coñecido o fallo do tribunal. A bolsa será indivisible.
Será necesario presentar os seguintes documentos:
Solicitude razoada ó Presidente da Sociedade Galega de Uroloxía, onde se expoña o interese persoal do participante.
Certificado da conformidade de asistencia do Xefe de Servicio onde desexa asistir.
Certificado da conformidade do seu Xefe de Servicio para asistir a dita actividade.
Unha vez finalizada a bolsa e dentro do ano natural correspondente, deberá presentar á Sociedade Galega de Uroloxía, unha memoria do desenvolvemento da mesma e certificado de asistencia.
|