Arte castrexo


Actualmente consérvanse un gran número de pezas catalogadas coma castrexas. Sen embargo, non tódalas atribucións son correctas. A menudo, o simple feito de encontrares unha peza con características toscas era motivo suficiente para clasificala coma castrexa. Por elo foi preciso revisar o conxunto dos restos conservados e realizar estudios mais profundos.
No que respecta á etapa de formación desta cultura, soamente conservamos restos arquitectónicos -os castros- e unha cerámica pouco decorada; en cambio, no momento de pleno apoxeo obsérvase unha arquitectura monumental cunha certa estructuración urbanística, unha espléndida orfebrería, unha cerámica ricamente decorada e algunhas esculturas.

O ouro

A existencia de ricos xacementos de ouro na rexión potenciou a realización da maior parte das pezas neste metal precioso. Chama poderosamente a atención a gran cantidade e a elevada calidade do ouro empregado en moitas das xoias. O considerable desenrrolo da orfebrería suxire un importante grao de xerarquización da sociedade castrexa. Simultaneamente ó avance da romanización comenza a desaparecer esta actividade artística.

A orfebrería

A gran variedade tipolóxica das pezas da xoiería castrexa xunto coa riqueza das técnicas empregadas, dos estilos e dos motivos decorativos converten á orfebrería na actividade artística máis importante desta cultura, así coma nun dos seus elementos máis peculiares.
A orfebrería castrexa galega posue unha serie de características particulares que a diferencian das realizadas noutras zonas, coma por exemplo: a abundancia, o uso do ouro, a gran cantidade deste nas pezas e a peculiaridade dalgunhas xoias. Sen embargo, é innegable a influencia das culturas castrexas do norte de Portugal e do occidente de Asturias, dos celtíberos da Meseta occidental e da orfebrería da zona sur da Península Ibérica (a través da cal chegan o noroeste influencias mediterráneas).
A variedade de xoias castrexas e considerable. Limitarémosnos a mencionar os tipos máis importantes: os colares ríxidos ou torques, as diademas, os amuletos, as arracadas, os colares articulados e os brazaletes.

+Os torques:Os torques son as xoias castrexas máis características debido ó gran número de hachazgos conservados. Trátase de colares ríxidos, na maior parte dos casos de ouro, formados por unha varilla de forma case circular rematada nunhas formas características. O peso medio destas pezas sitúase ó redor dos 500 gramos, ainda que hai torques excepcionais coma o Torques de Burela, que pesa mais de 1800 gramos. Parece ser que este tipo de xoia utilizábana os homes. Apareceron esculturas de guerreiros castrexos portando estos elementos. Podería tratarse pois de símbolos de estatus relacionados co mundo da guerra. A variedade de torques e das súas decoracións é inmensa. Con frecuencia utilizábanse os mesmos motivos que na escultura ou a cerámica. Establecéronse clasificacións tipolóxicas en función da decoración da varilla e dos remates.
+As diademas:E unha lámina de ouro, de forma máis ou menos rectangular e repleta de decoración. Os motivos son xeométricos nunhos casos e figurativos noutros, e a técnica empregada é o repuxado ou o estampillado. Parece ser que iban superpostas sobre algún tipo de material perecedeiro e colocadas na cabeza coma adorno. Os exemplares existentes son escasos e concéntranse no norte de Galicia. Destacan a Diadema de Bedoya, a de Ribadeo e a de Elviña.

+Os amuletos:Entre os hachazgos da cultura castrexa encóntranse unha serie de colgantes de metal decorados, con forma de reloxio de area ou de dobre machada (pouco abundantes ata a data) cuia posible utilidade descoñecemos. Ante as pegas para interpretar o seu significado, agrupáronse baixo o epígrafe de amuletos.

+As arracadas:Son unhas pezas pequenas e lixeiras, destinadas á ornamentación das orellas, que cumprirían hoxe a función dos pendentes. Estas pezas decoráronse, salvo excepcións, con motivos xeométricos e utilizando diversas técnicas, entre as que destacan as do repuxado, o estampado, a filigrana e o granulado.
+Os collares artigados:Están formados por contas de materiais diversos (vidro, pedra, ouro) enfebrados nun fío. Encontráronse moitos destos colares e neles obsérvanse influencias tan claras da zona sur peninsular, que chegouse a plantexar a hipótese da importación destas pezas dende esos lugares.
+Os brazaletes:Son un conxunto de adornos destinados a colocalos nos brazos, antebrazos ou muņecas. A utilización destas xoias constátase nas esculturas encontradas.

A escultura

As primeiras manifestacións escultóricas da prehistoria de Galicia enmárcanse dentro da cultura castrexa. Esta estatuaria presenta un carácter tosco e unha rudeza que contrastan coa riqueza da orfebrería. A escultura do mundo castrexo ofrece unha variada gama tipolóxica que, por razóns expositivas, pódense agrupar do seguinte modo: esculturas de homes, esculturas de animais e esculturas decorativas.

+Esculturas humanas:Destacan as esculturas de guerreiros e as cabezas. Os guerreiros son figuras de bulto redondo, é dicir, exentas, en posición de parada militar, ríxidas e que portan atributos militares (escudo, espada, puñal) e símbolos do seu estatus social (brazaletes, torques). O tamaño das esculturas varía, sendo nunhos casos inferior ó natural e noutros superior. O feito de que se esculpisen figuras coma éstas é unha proba do importante papel que nesta sociedade, en continuas loitas, desempeñou o grupo dos guerreiros. Ademáis das figuras xa comentadas, tamén se encontraron numerosas cabezas, unhas toscamente esculpidas e outras moi elaboradas. Poderían servir de mascarillas funerarias ou tamén ser representacións de divinidades ou de guerreiros.
+Esculturas de animais:A diferencia doutras zonas peninsulares, en Galicia encontráronse poucos exemplos deste tipo, e as poucas que hai teñen formas vagas e indeterminadas. Entre estas escasas mostras encontramos por unha banda simples cabezas (toscas e moi esquemáticas) e por outro, figuracións de partes máis amplias do corpo, probablemente para ser colocadas na parede.
+Escultura decorativa:Na zona sur das provincias de Ourense e Pontevedra localizáronse gran variedade de pezas arquitectónicas decoradas. Trátase de partes integrantes das casas castrexas. Os motivos decorativos, moi ricos e moi ben tallados, mostran certo parecido cos utilizados na orfebrería e, en menor medida, cos da cerámica. Entre a variedade de elementos encontrados destacan os xeométricos, o sogueado, a espiña de peixe, os entrelazos e os reticulados.