Cronoloxía, vivenda, costumes, ...




FONTES

Para coñecer a vida nos castros contamos con fontes arqueolóxicas, así coma ca epigrafía, cerámica e a orfebrería. Por outra parte, as fontes textuales tamén son de especial relevancia (Avieno, Estrabón, Plinio).

SITUACION XEOGRAFICA

A cultura castrexa posee un núcleo central de desenrolo. Aquí maniféstanse de forma clara e constante as súas características xerais. Centraríase na actual Galicia, seguindo hacia o este (Navia) e sur (Duero). A partir de aquí, exténdese en zonas de influencia, ata o río Sella (o oeste da provincia de Zamora e León); hacia o leste polas provincias de Salamanca e Avila e hacia o sur ata Coimbra.

CRONOLOXIA

A cultura dos castros ubícase cronoloxicamente na II Idade do Ferro. No obstante, os seus límites son imprecisos. Hoxe crese ca habitación en castros iníciase xa na Idade do Bronce e a maioría deles perduraron na época romana. Podemos considerar aproximadamente máis de 1000 anos de vida nos castros, dende o século VI a.C. (Castro de Borneiro) ata o século VI d.C. (Castro asturiano de Mohias).

A VIVENDA DOS CELTAS: OS CASTROS

Os castros son poblados fortificados, recintos rodeados de obras defensivas. Presentan por lo xeral unha planta oval ou circular. Son moi numerosos, calculándose unhos 2000 ou 2500. A sua distribución, sen embargo, non é uniforme, senon que se agrupan preferentemente na costa e na media montaña (buscando sempre lugares de fácil defensa). En xeral as súas dimensións son modestas (70 por 100 m.) e a sua fisionomía queda determinada por unha serie de elementos defensivos: terraplens, murallas, fosos e torres; os habitantes dos castros posuían unha destacada técnica de fortificación. O emprazamento de castros en lugares elevados, en moitas ocasións con desniveis pronunciados, fixo necesario o emprego de escadas de acceso e de muros de contención de terras para habilitar terrazas onde asentar as vivendas. Os habitantes dos castros preocupáballe moito a humidade e para elo usaron o enlousado, normalmente de pedra pequena, nas súas rúas.
Non podemos falar con propiedade dun auténtico urbanismo dentro dos castros. O primeiro que chama a atención é a tendencia a aislar as edificacións unhas doutras. Este feito garda relación co carácter individualista dos seus habitantes. Nalgunhos casos chéganse a definir "barrios", conxuntos de varias casas que corresponderían a unha soa familia, rodeados dun muro de pouca altura. A organización destos poboados mostra, dentro do seu evidente primitivismo, a existencia dunha incipinte urbanización.
A tipoloxía da casa castrexa máis abundante presenta pranta circular, á que se lle pode engadir un vestíbulo; tamén encontramos construccións de forma cuadrangular (sobre todo na época romana, ainda que non se pode establecer con elo unha secuencia cronolóxica). A casa presenta unhas dimensións reducidas, chegando incluso a plantexar problemas pola sua extrema pequenez(as vivendas circulares teñen unha media de 4 ou 5 m. de diámetro, as prantas alargadas son dun tamaño algo maior).
E moi raro atopar divisións dentro da vivenda xa co máis habitual é que apareza unha soa estancia. Os vestíbulos por elo servirían para paliar o reducido tamaño da vivenda, coa simple prolongación dos muros da cabaña frente á entrada. O prototipo de casa castrexa posue un só piso de pouca altura, 1 ou 2 metros. Non presenta practicamente ventás, polo que a ventilación realizaríase a traveso da porta. O aparello utilizado na construcción é mampostería, executada normalmente con pedras pouco voluminosas e asentadas en seco ou con terra. A cuberta da vivenda sería cónica nas de pranta circular, e a duas augas nas de pranta cuadrangular, como material de cubrición utilizábanse ramas e palla, recubertas de barro (a medida que avanzou a romanización cambiouse o sistema co emprego de tella, tegula). O pavimento máis cotiá e simple: a base de terra pisada.
Na gran maioría das habitacións castrexas encendíase lume directamente no chan, poñendo pedras o redor para evitar a dispersión de brasas e para manter os pucheiros. Noutros castros había lugares especiais para o lume, os fogares. A súa tipoloxía é variada, pero non parece haber evolucionado. Moitas veces sitúanse no centro das habitacións, ainda que non e raro velos tamén xunto á parede ou incluso fora da vivenda.
Pode haber fornos para facer pan, fundición de metal ou de cerámica. A súa presencia está pouco atestemuñada, ainda que coñecemos algúns fornos rudimentarios para face-lo pan. Soen aparecer nos vestíbulos. A escasez de fornos contrasta coa abundancia de muiños, o que nos fai pensar cos fornos foran de uso comunitario.
Na organización de calquera poblado é moi importante o abastecemento de auga. Nalgunhos castros aproveitarían os ríos ou regatos cercanos, pero noutros recorreríase xa a fontes emprazadas no interior das murallas.

COSTUMES E VESTIMENTA

Tanto homes coma mulleres prendían os seus cabelos con grosos alfinetes e as súas roupas con fíbulas; tamén se peiteaban con xoias de ouro e prata ricamente elaboradas. Aqueles que non podían acceder a este tipo de xoias, surtíanse doutro tipo de productos tanto indíxenas coma importados (obxectos de bronce, con incrustacións de metais preciosos, contas de vidro, ...).
A vestimenta consistía nun saio largo, ata o medio muslo e provisto de mangas cortas realizado en lana ou liño, que a veces adornábase con motivos geométricos. Esta vestimenta cubríase dunha capa negra de lana para protexerse do frío e da chuvia. Ceñían as súas vestimentas con cinturóns de coiro con apliques metálicos.

ECONOMIA

A economía castrexa tiña unha base agrícola e gandeira, ainda que practicaban tamén a caza e actividades pesqueiras (coma o marisqueo). A agricultura era cerealista (millo e trigo), con prantas leguminosas (fabas e guisantes). Para elo dispoñían de útiles de labranza coma sachas e fouciños. Además do gando doméstico (ovellas, cabras, porcos e cabalos), seguen aproveitándose dos frutos da caza (sobre todo do cervo e o xabarín). Nos castros costeiros documéntase a presencia de moluscos e crustáceos (ameixas, ostras, lapas, percebes, ...) e a pesca mariña.
A sua minería foi coñecida e alabada por autores gregos e romanos. Destaca a explotación do estano, ferro e chumbo e, sobre todo elo, de metais preciosos, coma o ouro. Os castrexos desenrrolaron unha importante metalurxia e orfebrería (torques, arracadas, brazaletes ou diademas).

ARMAS

Coma pobos guerreiros, os habitantes dos castros coñecían diferentes tipos de armas coma espadas, armas arroxadizas (lanzas, xabariñas e machadas), escudos, cascos, corazas e espinilleiras.

RELIXION

Os habitantes dos castros adoraban a diversos deuses. O seu panteón acollía case a cen divinidades. Destacan o deus da guerra, asimilado a Ares-Marte, debido o carácter guerreiro da vida castrexa, e o deus da montaña, identificado con Xupiter; tamén había outras divinidades menores vinculadas os camiños e encrucilladas, espíritos de fontes e ríos, fragas, prantas ou animais, ...