FESTA CELTA DO LUGNASAD
No ano 1996 comezouse a celebrar en Bretoña, un pequeno pobo lucense
a Festa Celta do Lugnasad, onde os xoves que forman a asociación cultural
Auruxeira, rexundindo as costumes dos seus devanceiros celtas, eloxian ó
Deus Lug nunha enmeigada fraga.
Esta festa celébrase a primeiros do mes de agosto, pero para saber a
data exacta, haberedes de consultar a sección Ultima hora,
na que se mostraran as últimas novidades sobre a festa.
O programa da festa comeza cunhos coloquios que ofrecen os druidas
encomendados, co mesmo alicerte, á cultura celta.
Despois a xente quedará abraiada coa música de ancestrais instrumentos
coma o birimbao, a gaita, ...
Na entrada da noite veneraranse as divinidades locais da fraga co son das gaitas
a cargo de varios grupos de bardos.
Bailarase e soltaranse aterradores aturuxos ó redor dunha gran queimada
degustando suculentos manxares e o xenuino licor Mailoc.
