FESTA CASTREXA


Os orixes desta festa remóntanse a finais do ano 1994 cando un grupo de xoves do pobo de Xunqueira de Ambía, entre eles eu, pois este é o meu pobo, liderados por un estudioso dos temas celtas chamado Paco Boluda, decidiron preparar unha festa que rememora otra festa que parece ser que se celebraba na beira do río Arnoia fai unhos 2000 anos na honra dunha ninfa chamada TANITACO.
Así no mes de xullo de 1995 celebrouse a I Festa Castrexa, na cal participaron maioritariamente a xente do pobo. Foi un ano de probas, no que non todalas cousas foron perfectas, pero foi moi importante por marcar un punto de partida pra esa celebración. O seguinte ano volveuse a celebrar a festa, onde xa milloraron algúns aspectos en relación o primeiro ano, pero sen embargo a afluencia de xente non aumentou notablemente.
Pero chegou o terceiro ano. Este si que xa foi un punto de ruptura con relación os outros anos pois xa deixou de ser unha festa con participación netamente local e chegou moita xente de fora. Na festa participaron tres clans: o clan da xente do pobo, outro formado por un grupo de xoves de Ourense e un mais formado polos "Mercenarios Celtas", un grupo de xente de Cartagena (Murcia) que chegaron a Xunqueira para participar na festa. żE como se enteraron da celebración desta festa?, pois, coma non, a través da páxina de Xunqueira de Ambía en Internet. Nesta páxina poderemos encontrar moita información sobre este pobo e sobre as actividades que nel se realizan, coma por exemplo a Festa Castrexa. A festa foi todo un éxito polo que no ano 1998 a festa durará dous días.
A festa e moi auténtica, non é unha festa montada a base de cartos senon a base de traballar moito a xente deste pequeno pobo.
A festa comeza na praza do pobo, cun desfile de todala xente que participa e unha ofrenda dos druidas á ninfa Tanitaco. Despois comeza a peregrinaxe o lugar das celebracións, a beira do río, onde ó chegar ponse a estatua da ninfa nun pedestal e comezan os xogos.
Os xogos son variados e cada ano faise algunha modificación, pero os clásicos son: lanzamento de pedra, lanzamento de tronco, xogo de habilidade, turra da corda e o xogo principal: a loita nunha plataforma flotante sita no medio do río onde os participantes empúrranse ata que un deles cae ó auga. Hai categorías de homes e de mulleres, pero tamén hai xogos para os nenos: un dos mais apreciados polos mais cativos e o recoller un tronco que se tira a auga.
Despois dos xogos comenza unha cerimonia de ofrenda a ninfa que remata cunha procesión ó solpor con antorchas o redor do río. Seguidamente comeza a cea castrexa, onde se degustan manxares cociñados alí mesmo durante todolo serán, todo elo regado con abundante cervexa. O rematar haberá bailes o redor dos lumes. Bueno, esto e unha pequena descripción da festa, o que queira coñecela mellor deberá achegarse a Xunqueira de Ambía, un pobo situado a 25 kms. de Ourense.
Co motivo de tener soporte xurídico para a festa, creouse fai pouco a Asociación Cultural ONEACH TANITACO, na que participa todala xuventude do pobo e moita xente mais que se interesou nesa actividade. Aparte de facer a Festa Castrexa, a asociación pretende promover a cultura castrexa e ter contactos culturais con outras asociacións.
O que lle interese a festa, soamente terá que entrar na sección Ultima Hora ou acceder á páxina de Xunqueira de Ambía, que esta no apartado "LINKS" e poderá atopar a última información sobre esta festa.