FESTA DAS FACHAS
Na parroquia de Sta. MĒ de Castelo, do concello lucense de Taboada, a FACHA tuvo un
arraigo moi grande no transcurrir dos tempos. Tanto é así, que nin os
avós dos avós actuais coñeceron dos seus ancestros, por transmisión
oral ou escrita, o inicio deste rito, o que si transmitiron é que, durante o transcurso
das suas vidas, ningún ano deixaron de elaborarse e queimarse.
A verdade é que os orixes deste costume son incertos pero podemos facer unhas indicacións
ó respecto. A queima das fachas faise na cima dun Castro polo cal podemos deducir
que en tempos poido ser unha maneira de comunicación entre castros. Tamén pode
ser que serviran para alumar nas festas ou nos acontecementos nocturnos. Incluso tamén é
posible que foran parte de certos actos rituais máxicos-relixiosos.
Co nome de facha, identificamos o feito de colocar orredor dun pau longo unhos materiais
específicos que, unha vez que se lles pon fogo, arden durante un espacio mais ou menos duradero
e durante o cal producen luz.Trátase dun tronco ou rama(actualmente o normal é que sexa de pino)
de normalmente non menos de 10 metros de lonxitude, orredor do cal vanse atando distintas capas de talos dunha
pranta denominada abrótega que ocupan aproximadamente o 80% do pau, o que supón en cada unha delas
de cinco a sete mil talos desa pranta. Este traballo realízano os nenos durante todolo ano. A mellor
facha de todas, á mais perfecta, á mais gorda e alta, concedeselle o primeiro premio e único.
O serán do día 7 de setembro é todo un acontecemento para os nenos. Dende os distintos lugares da
parroquia iníciase o díficil acarreo das "fachas" ata a cima do Castro onde no seu circular borde vanse
cravando. Iniciada a noite, os veciños suben ata o Castro. Unhas bombas e fogos de luces disparados dende alí
dan a señal de que a festa comezou. Inmediatamente préndese fogo as fachas e o Castro convértese
durante algún tempo nunha luminaria dantesca. Este espectáculo, dada a extraordinaria visibilidade
do Castro, é contemplado, non só polos parroquianos que suben ata alí, senón tamén por todalas
parroquias da contorna.
Queimadas as fachas, a multitude baixa cun gran griterío ata o cercano Campo da Festa. Alí continúa
a festa ata ben entrada a noite.
A principal e única motivación ca que se constituiu unha Asociación en Castelo, radica no interese
que ten a xente dese pobo de que continue a tradición dos seus ancestros, pois parece ser que é o único
sitio no cal pervive e non vai caer agora no olvido coma sucedeu noutros lugares.
