CASTRO DE SANTA TEGRA



De forma circunstancial, durante a construcción dunha pista forestal no monte, descubriuse en 1913 o que chegou a ser un dos mais importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e no N.O. peninsular, conocido como Castro de Santa Tegra.
O mesmo ano do seu hachazgo creouse a sociedade "Pro Monte", verdadeira impulsora dos traballos de investigación que dende entonces viñéronse realizando. Os arqueólogos Don Ignacio Calvo, dende 1914 a 1924, Margelina, 1928 a 1933 e1943-44, Fernández Rodríguez en diversas campañas entre 1952 e 1972 e De la Peña Santos a partir de 1983, lograron rescatar da noite da historia o que debeu ser, nos séculos I A. de C. e I D. de C. un importante poboado prerromano.
O monte Santa Tegra, de 341 m. de altura, está situado na desembocadura do río Miño, dentro do termo municipal de A Guarda, constituindo por si mesmo un espacio xeográfico de excepcional beleza.
A partires dos 200 m. de altura se configura un gran poboado amurallado, de construccións circulares na sua gran maioría, con vestíbulos e dependencias anexas cuios oríxenes remóntanse á Idade de Bronce, 1900 anos A. de C. y que alcanza o seu esplendor nos primeiros anos do período Galaico-Romano, decaendo e pasando ó olvido a partires do século II da nosa era.
Paralelamente ó comezo das excavacións, a sociedade Pro Monte funda o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra en 1914, recolléndose no mesmo, dende entonces, innumerables pezas de todo tipo que forman un conxunto de incalculable valor.
A colección de Esvásticas é, probablemente, unha das mais importantes coñecidas.